InicioSucesosUn condutor cuadriplica a taxa de alcol permitida tras chocar contra outro...

Un condutor cuadriplica a taxa de alcol permitida tras chocar contra outro coche

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou un condutor que cuadriplicou a taxa máxima de alcoholemia tras sufrir un accidente ao chocar con outro vehículo na capital luguesa.

Segundo informou a Policía Local, o suceso ocorreu o pasado 7 de novembro na confluencia da Rolda das Fontiñas con Carril dos Indios. Alí, dous turismos chocaron e resultou danado un terceiro coche que estaba estacionado.

Ao practicarlle as probas de alcoholemia, o condutor presunto responsable do accidente obtivo positivo de 0,94 mg/l, o que supón catro veces máis a taxa máxima permitida. Por iso, instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...