InicioSociedadeEstes son os catorce concellos de Lugo que levan dúas semanas sen...

Estes son os catorce concellos de Lugo que levan dúas semanas sen coronavirus

A comarca da Montaña é a que mellor resiste á entrada da Covid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia contabiliza 59 municipios nos que non se rexistrou ningún caso de Covid-19 nas últimas dúas semanas. A gran maioría (40) pertencen a Ourense, pero Lugo sitúase como a segunda provincia con máis concellos libres de coronavirus neste período. Dentro dela, a comarca da Montaña é a que mellor resiste á entrada da Covid.

En concreto, son catorce concellos os que non detectaron ningún caso nestas semanas; isto é, o 20,9% das localidades que compoñen a provincia. Trátase de Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, O Saviñao, Sober, Trabada, Triacastela e O Vicedo.

Baleira, Muras, O Páramo, Portomarín e Riotorto saen desta listaxe —na que figuraban hai unha semana— porque rexistraron polo menos un positivo novo nos últimos 14 días.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...