InicioSucesosUn mozo de Portomarín, detido por roubar lotaría e tabaco nun albergue

Un mozo de Portomarín, detido por roubar lotaría e tabaco nun albergue

O rapaz foi interceptado nun control, no que se comprobou que incumpría o toque de queda imposto dende as 23:00h ata as 06:00.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na madrugada deste xoves en Rábade un veciño de Portomarín de 21 anos de idade como presunto autor dun delito de roubo con forza por subtraer lotaría e tabaco nun albergue.

O rapaz foi interceptado nun control preventivo na estrada LU-111 e os axentes procederon á súa identificación porque non respectaba o toque de queda. Comprobaron que no seu poder levaba varios décimos de lotaría e numerosos paquetes de tabaco de diferentes marcas, das cales non xustificou a súa procedencia, segundo sinalaron fontes da Benemérita.

Por iso, iniciouse unha investigación e verificouse que os décimos de lotaría e o tabaco foran subtraídos nun albergue o pasado mes de outubro. A persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...