InicioMedioambiente e PatrimonioComezan en Lugo as obras do futuro barrio multiecolóxico da Garaballa

Comezan en Lugo as obras do futuro barrio multiecolóxico da Garaballa

O edificio Impulso Verde é o primeiro inmoble público de Galicia construído con madeira autóctona certificada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Na cidade de Lugo veñen de iniciarse as obras do edificio Impulso Verde, o primeiro inmoble público de Galicia que será construído con madeira autóctona certificada, procedente da comarca da Mariña.

Os traballos de construción deste inmoble, que se será levantado na zona da Garaballa, enmárcanse no proxecto Life Lugo+ Biodinámico e foron adxudicados por un importe de 1,5 millóns de euros á empresa EGOIN, que conta cun prazo de 15 meses para finalizar os traballos.

Será un edificio de “balance enerxético cero e emitirá un 90 % menos de CO2 á atmosfera que os inmobles construídos con formigón e aceiro, unhas 50 toneladas fronte a 470, ademais de absorber 280 toneladas de emisións”. Será, din, a “semente” do futuro barrio multiecolóxico da cidade de Lugo.

Explicouno esta mañá a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que supervisou o inicio das obras, acompañada polo concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, e o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera.

Tamén dixo que esta actuación permitirá “impulsar o sector forestal, utilizando a madeira como elemento construtivo nas cidades sostibles e verdes do futuro, que estamos a deseñar desde Lugo”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Pleno de Lugo aproba iniciar o expediente de nomeamento de Xoán Montes como fillo predilecto

  O Pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade unha proposta que impulsou...

CCOO chama á unidade sindical para negociar o convenio do comercio de alimentación en Lugo

A Federación de Servizos de CCOO Galicia fixo un chamamento ao resto de organizacións...

Cáritas Lugo alerta: medran os migrantes atendidos e os maiores sós, pero “a pobreza ten cara de muller”

Un total de 7.834 persoas foron atendidas por Cáritas Diocesana de Lugo ao longo...

A Deputación celebra o 182 aniversario da fundación da Garda Civil

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves nos...