InicioSociedadeOs casos da Covid seguen aumentando unha semana máis en Lugo

Os casos da Covid seguen aumentando unha semana máis en Lugo

En Galicia os casos activos rozan xa os 8.000

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comunidade galega rexistrou outros 618 positivos por Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 156 na área de Vigo, 123 na da Coruña e Cee e 113 na de Santiago. Deste xeito Galicia roza os 8.000 casos activos ao ascender a 7.930.

Así se constata nos datos actualizados na mañá deste xoves na web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, dos que se desprende que a área de Ourense suma 59 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; a de Ferrol, 58; a de Pontevedra e O Salnés, 57; e a de Lugo, 52.

En canto aos casos activos, ascenden a 7.930 en Galicia, o que supón 395 máis que este mércores. Estes aumentan en todas as áreas, salvo na de Ourense, na que baixan lixeiramente a 1.407 –sete menos–. A de Vigo mantense á cabeza, con 1.624, o que supón 122 máis que a xornada pasada.

Pola súa banda, a área Sanitaria da Coruña e Cee conta con 1.358 casos activos, o que supón 73 máis; a de Santiago e Barbanza, 1.251 –65 máis–; a de Pontevedra e O Salnés sobe a 838 –57 máis–; a de Lugo colócase con 782 –39 máis– e a de Ferrol ten 670 –50 máis–. Ata a data curáronse 26.270 persoas en Galicia, 236 máis que este mércores, e realizáronse 663.251 PCR.

FALECIDOS

Con respecto, aos falecidos con Covid-19 en Galicia ascenden a 889 tras notificar Sanidade na tarde deste mércores a morte de sete persoas, tres delas na residencia de Os Gozos do Pereiro de Aguiar (Ourense). Todos eles presentaban patoloxías previas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...