InicioSociedadeOs farmacéuticos lucenses, dispostos a facer tests de anticorpos como en Ourense

Os farmacéuticos lucenses, dispostos a facer tests de anticorpos como en Ourense

"En moitos casos somos o único centro médico aberto", destacan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Colexio de Farmacéuticos de Lugo, Alejandro Sánchez Pérez-Mel, destacou que estarían dispostos a facer test de anticorpos da covid-19, como os que se realizan en establecementos de varios municipios de Ourense, se así llo require a Consellería de Sanidade.

Sánchez Pérez-Mel lembrou que o que se fixo nas oficinas de farmacia de Ourense foi “a través dun convenio de colaboración con Saúde Pública para detectar pacientes asintomáticos que puideron pasar o virus”. Neste sentido, sinalou que as farmacias, “como sempre”, están a “disposición” de todas as administracións. “Para todo o que nos pidan e para axudar na situación na que estamos, como fixemos sempre”, apuntou.

“Estamos repartidos por todo o territorio galego, en moitas ocasións somos o único centro sanitario que está aberto nun pobo durante todo o día e como sanitarios que somos estamos dispostos a colaborar en todo momento”, reiterou.

Esas probas, concretou que veñen ser “uns cribados de anticorpos que detectan se pasaches a enfermidade ou si a estás pasando nese momento”. “Faise como consecuencia de que a situación epidemiolóxica en Ourense e nalgún concello limítrofe é complicada e así se poderían detectar os asintomáticos”, puntualizou.

Na provincia son 183 farmacias, 48 na cidade de Lugo, que viven agora “unha situación de normalidade” na que, segundo apunta, “non hai falta de medicamentos, nin de subministración de EPIs”, de tanto máscaras como xeles hidroalcoholicos.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...