InicioSucesosLocalizan no medio dun mato á octoxenaria que se perdera o domingo...

Localizan no medio dun mato á octoxenaria que se perdera o domingo apañando castañas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias localizaron en bo estado na mañá deste luns á octoxenaria que permanecía desaparecida en Guitiriz  desde o domingo, cando saíu a buscar castañas e non regresou ao seu domicilio.En concreto, segundo a información do CIAE 112-Galicia, eran pouco antes das 10,00 horas cando os membros do operativo organizado para a súa procura atoparon á muller nunha matogueira con apenas algunhas feridas leves.

O grupo de drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) participou na procura da muller desaparecida desde este domingo cando colleitaba castañas no monte no municipio de Guitiriz. Segundo informou o 112, tras recibir a alerta da familia, activouse un operativo encabezado polos axentes da Garda Civil, que pediron o apoio doutros grupos de emerxencias, entre eles, o grupo de drones da Axencia Galega de Emerxencias.

Así, os técnicos da Axega incorporáronse durante a madrugada a este operativo de procura, centrado entre as aldeas de Lea e Poceiras, onde viron por última vez á muller que collía castañas.

Eran as 19,00 horas deste domingo 18 de outubro cando perderon o rastro da muller e, un par de horas despois, a familia contactou co 112 Galicia para solicitar axuda. A octoxenaria sofre diversos problemas de saúde e usa habitualmente bastón.

A partir da chamada dos familiares a través do 112 Galicia, activouse un operativo coa Garda Civil á cabeza e ao que se uniron os voluntarios de Protección Civil de Guitiriz, os membros do GES de Curtis e os técnicos e cans de rescate de Casaga de Ferrol. Tamén colaboran técnicos da Axega mediante o uso de drones.

A previsión é que se incorporen máis agrupacións de voluntarios da zona nas próximas horas, indicou o servizo de emerxencias.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...