InicioSociedadeLugo volve cara atrás: aumentan os contaxiados coa covid

Lugo volve cara atrás: aumentan os contaxiados coa covid

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os contaxios de Covid-19 en Galicia subiron nas últimas 24 horas con 346 positivos confirmados por PCR, deles 81 na área sanitaria de Ourense, 68 na de Vigo e 60 na de Santiago. Lugo, que en días pasados rexistrara máis recuperados que contaxiados, volveu a números negativos este xoves.

Así consta nos datos actualizados na web da Consellería de Sanidade na mañá deste venres con datos das 18,00 horas do xoves, nos que se constata que a área sanitaria da Coruña rexistrou 57 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 31 na de Pontevedra; 30 na de Lugo e 19 na de Ferrol.

Os casos activos en Galicia aumentaron con respecto ao xoves en 111 e sitúanse en 4.680, con incrementos en todas as áreas, salvo na de Pontevedra. En concreto, a de Ourense rexistra 1.601 –nove máis que este xoves–; a da Coruña, 784 –14 máis–, a de Santiago, 660 –21 máis–; a de Vigo, 592 –58 máis–; a de Lugo ten 475 –oito máis–; a de Pontevedra, 401 –18 menos– e a de Ferrol rexistra 167 –19 máis–.

Ata a data curáronse en Galicia 22.788 persoas, o que supón 238 máis que as contabilizadas o xoves. E realizáronse 572.690 PCR fronte ás 566.061 contabilizadas ata este xoves.

FALECIDOS

A Comunidade galega rexistrou ata a data o falecemento de 808 persoas con Covid-19, o últimas cinco vítimas foron notificadas este mércores.

En concreto, trátase de tres mulleres de 83, 90 e 96 anos –esta última procedente da residencia Vos Gozos de Pereiro de Aguiar– que permanecían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Segundo os datos facilitados este xoves pola Consellería de Sanidade, tamén faleceu un home de 85 que recibía atención hospitalaria no CHUO; así como outro home de 85 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti. Todos eles presentaban patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Catro investigados por unha concentración ilegal con 200 vehículos e unhas 400 persoas reunidas en Lugo

A Garda Civil investiga a catro persoas vinculadas cunha multitudinaria concentración ilegal de vehículos que tivo lugar en...

O Gran Premio de España de Motocrós traerá a Lugo aos mellores pilotos do mundo por segundo ano consecutivo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves na presentación do...

O TSXG confirma 10 anos de cárcere a un home que violou a unha moza de 14 anos en Lugo, pero triplica a indemnización

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda...

José Tomé defende que “o futuro está na terra” nun foro sobre enxeñería forestar e agraria

"O futuro está na terra", así comezou a súa intervención o presidente da Deputación...