InicioEconomíaComerciantes auguran un "caos" para o sector na Mariña e toda a...

Comerciantes auguran un “caos” para o sector na Mariña e toda a provincia de Lugo se pecha Alcoa

"Estamos á espera coa ilusión de que se busque unha solución e que podamos continuar con esta actividade", asegura o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, vaticinou un “caos” para o comercio da Mariña e o comercio da provincia lucense se finalmente pecha a factoría de Alcoa en San Cibrao.

Así, Seijas asegurou que “non cabe dúbida que tal e como están as circunstancias isto sería un novo puntillazo para o comercio da Mariña e non só da Mariña, senón para o comercio da provincia”.

“Hai que ter en conta que economicamente o de Alcoa é unha porcentaxe moi importante na economía (un 30 por cento do PIB de Lugo) e se non vai para adiante vaise a notar. As consecuencias serían nefastas nun curto prazo de tempo”, comentou.

O empresario lucense constatou que “os comerciantes” desa comarca “teñen moito medo, saben que se non vai para diante (a venda a Liberty ou a intervención do Goberno) o peche de moitos negocios é case seguro“, abundou. “Isto suporá un caos, e desaparecerán un bo número de negocios”, aventurou.

En canto a unha posible intervención, José María Seijas apela a que viu “estes días” o que “dicía a ministra de Traballo (Yolanda Díaz) que estaban niso” (solucionar o problema da factoría de San Cibrao). “Pero se son sincero o que diga esta señora hoxe, mañá non é verdade“, lamentou.

“Estamos á espera coa ilusión de que se busque unha solución e que podamos continuar con esta actividade (produción de aluminio), que é unha actividade tamén moi importante para o resto de España”, concluíu.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...