InicioPolíticaLara Méndez pídelle a Feijóo un encontro para tratar os retos de...

Lara Méndez pídelle a Feijóo un encontro para tratar os retos de futuro de Lugo

"Confío en que esta sexa a etapa da sintonía e do entendemento entre ambas as institucións, porque Lugo ten aínda moitos desafíos que alcanzar para situarse ao nivel doutras grandes capitais galegas", afirmou a alcaldesa de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, solicitou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha reunión para retomar os asuntos pendentes na cidade e afrontar as novas accións “nun momento de grandes incertezas ante a crise sanitaria, económica e social propiciada pola pandemia”.

Así, tras felicitar ao presidente autonómico pola súa vitoria nas urnas o pasado mes de xullo, a alcaldesa da cidade das Murallas pediu un encontro “desde a lealdade e a colaboración” para abordar os retos de futuro. Feijóo xa iniciou a rolda de contactos tras converterse de novo en presidente e recibiu ao rexedor da capital galega, o tamén socialista Xosé Sánchez Bugallo.

“Confío en que esta sexa a etapa da sintonía e do entendemento entre ambas as institucións, porque Lugo ten aínda moitos desafíos que alcanzar para situarse ao nivel doutras grandes capitais galegas”, afirmou Lara Méndez, quen dixo que “son moitos” os proxectos que a Xunta ten comprometidos cos lucenses.

A rexedora brinda a súa “máxima cooperación” co fin de avanzar nos asuntos pendentes na carta na que tamén agradeceu a Feijóo o seu “ton conciliador” e a súa “disposición para, nun esforzo compartido, renovar os proxectos pendentes de anos anteriores, resolver os que esperan pola toma dalgunha decisión e iniciar aqueles que se fan imprescindibles, tendo en conta o actual contexto socioeconómico derivado da pandemia”.

“Novas prioridades que debemos asumir tamén como novas oportunidades e que deben capitalizar a xestión das administracións”, salientou Méndez, quen sostivo que Lugo conta co “potencial” de camiñar cara a unha transformación como “municipio de vangarda en urbanismo sustentable, nun proceso no que , non só é unha excelente oportunidade para a cidade, senón para a provincia e por tanto, para Galicia como proxecto de país”.

“PROFUNDAS REFLEXIÓNS”

A rexedora de Lugo tamén se mostra consciente de que “os novos tempos necesitan de profundas reflexións para os cambios que veñen, de alianzas e de valentía política”.

“Así nolo esixe a cidadanía e, en Lugo, a Xunta e o presidente atoparán a ‘afouteza’ para desenvolvelos”, concluíu Lara Méndez, na súa carta dirixida ao mandatario autonómico, na que convida o mandatario galego a concretar a data desta reunión.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...