InicioSociedadeImportante baixada de casos covid en Lugo

Importante baixada de casos covid en Lugo

O venres houbo 23 contaxiados menos

PUBLICADA O

Galicia rexistrou nas últimas 24 horas un total de 216 novos positivos de coronavirus, 10 menos que un día antes, e dous falecementos que se coñeceron na tarde do venres e que elevaron o cómputo das vítimas mortais na Comunidade a 751. Con todo, o número de recuperados é maior que os novos contaxios, especialmente, na área de Lugo. Segundo os datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, os casos activos –persoas que aínda padecen a enfermidade– baixaron en 111, ata situarse nos 4.092. Pola súa banda, as altas subiron en 325 e xa son 19.714 as persoas curadas da COVID-19 en Galicia. Ademais, dúas persoas diagnosticadas con coronavirus perdían a vida este venres. En concreto, tratábase dun home de 75 anos que permanecía ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e unha muller de 82 no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Por áreas sanitarias, a de Ourense é a que máis casos activos conta desde este sábado –ata agora, era a da Coruña– cun total de 891, 40 máis que o venres. Tamén soben as persoas coa enfermidade en Santiago, ata 547 (+8). Pola contra, os casos activos baixan na Coruña, a 848 (-56); en Pontevedra, ata os 722 (-43); en Lugo, a 503 (-23); en Vigo, a 460 (-31); e en Ferrol, a 121 (-7). Así mesmo, ata a data, Galicia realizou 499.201 PCR fronte ás 492.648 que contabilizaba este venres, o que implica que en 24 horas fixéronse 6.553 probas.
+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un...

Senadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

O Senado esixe ao Goberno de Sánchez unha actuación urxente e integral na N-120...