InicioSociedadeVolven descender os casos activos de coronavirus

Volven descender os casos activos de coronavirus

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou outros 159 positivos por Covid-19 tras rexistrar 210 novas altas de pacientes, o que sitúa os casos activos en 4.297, que volven baixar –56 menos–. En Lugo, a baixada foi de 13 casos activos.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, os casos activos baixaron en todas as áreas sanitarias salvo na de Ourense, onde experimentaron un incremento de 13 ata os 756.

Mentres, na área sanitaria da Coruña descenderon en 22 con respecto ao luns ata situarse nos 977; na de Lugo caeron ata os 539 –13 menos–; na de Pontevedra, a 793 –18 menos–; na de Santiago a 572 –11 menos–; na de Vigo a 510 –dúas menos–; e na de Ferrol baixaron a 150 –tres menos–.

En canto aos pacientes curados na Comunidade galega aumentaron a 18.744, o que supón 210 máis que os rexistrados na xornada do luns. Ademais, ata a data en Galicia faleceron 736 persoas con Covid-19, o últimas cinco vítimas foron notificadas na tarde do luns.

Ademais, a Comunidade galega incrementou as PCR realizadas ata as 474.033 este martes con respecto ás 469.694 rexistradas ata o luns, segundo os datos de Sanidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...