InicioLugo e contornaLugoBoeing acabará en outubro as probas do seu proxecto de seguridade aérea...

Boeing acabará en outubro as probas do seu proxecto de seguridade aérea en Rozas

Este proxecto inclúe outros seis que buscan dar solucións tecnolóxicas a diferentes situacións que poden producirse durante un voo, como a perda de comunicación coa estación de base.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A compañía Boeing culminará en outubro as probas de validación técnica do proxecto de I+D que desenvolve no Polo Aeroespacial de Rozas. Trátase de ‘Galician SwkyWay’, unha iniciativa de colaboración público-privada coa Xunta que supuxo un investimento conxunto de 10,2 millóns de euros, con achega de fondos europeos.

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participou este martes nas demostracións que Boeing realizou no seu laboratorio de simulación de continxencias de voo, situado no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), en Castro de Rei.

Na súa visita, Argerey destacou a contribución da multinacional aeronáutica para “consolidar” ao CIAR como un “referente” mundial na experimentación, simulación, ensaios en voo, validación e mesmo pre-certificación e certificación de tecnoloxía dos avións non tripulados.

Pola súa banda, segundo informa a Xunta, o director de estratexia e desenvolvemento de negocio de Boeing Research & Technology Europe, Eduardo Carrillo, subliñou que este proxecto, da man de socios galegos, é “un exemplo de colaboración público-privada e un éxito desde o punto de vista tecnolóxico”.

‘Galician SkyWay’, dotado cun investimento público-privada de 10,2 millóns, ten o obxectivo principal de dar resposta a problemas técnicos actuais e futuros nun escenario no que os drones e os avións non tripulados teñan unha alta implantación.

En concreto, este proxecto inclúe outros seis que buscan dar solucións tecnolóxicas a diferentes situacións que poden producirse durante un voo, como a perda de comunicación coa estación de base, a incapacidade de detectar e evitar conexións, as interferencias e a perda de impulso de motor, entre outros.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...