InicioEconomíaTraballadores de Alcoa cortan con neumáticos ardendo a A-6 en Outeiro de...

Traballadores de Alcoa cortan con neumáticos ardendo a A-6 en Outeiro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

Traballadores de Alcoa cortaron o tráfico, pouco antes das 11.00 horas, na Autovía do Noroeste (A-6) á altura do municipio lucense de Outeiro de Rei, entre os quilómetros 507 e 510, para reclamar unha vez máis que chegue a bo porto o proceso iniciado para a venda da planta da planta de aluminio primario ao grupo GFG Alliance -Liberty House-.

Como noutras ocasións, formaron barricadas con pneumáticos aos que logo plantaron lume, á vez que coreaban consignas como “Enerxía, solución“, “Álvaro Dorado, primeiro ti ao paro“, “Alcoa cabrón, vende a instalación“, “as cubas non se paran“, “fóra yankees, panda de mangantes” ou “a solución, unha intervención“.

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao celebrou onte un pleno extraordinario no que ratificou a súa postura de “non aprobar outra cousa que non sexa a venda” da fábrica de aluminio primario ao GFG Alliance -Liberty House-, porque “non hai outra solución viable” que garanta o futuro da produción e dos postos de traballo.

O presidente do comité, José Antonio Zan, confirmou que esta semana continuarán “as mobilizacións“, con accións “por sorpresa” como a desta mañá, para manter a mobilización social en defensa do corazón industrial da Mariña e dos postos de traballo ata o final. Máis información no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...