InicioSociedadeAlerta no interior e na montaña de Lugo por fortes choivas

Alerta no interior e na montaña de Lugo por fortes choivas

Poderían chegar aso 40 litros por metro cadrado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Toda Galicia, fóra das franxas costeiras, está este domingo en aviso meteorolóxico por abundantes precipitacións, que poderán deixar máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas.

Segundo recolle a web de Meteogalicia, permanecen en alerta amarela desde medianoite o interior das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, así como a totalidade da de Ourense.

En concreto, espérase que caian máis de 40 litros por metro cadrado de choiva en 12 horas na Coruña, Lugo e Ourense, aínda que se pode dar episodios “localmente fortes” de precipitacións no centro, sur e a montaña lucense, ademais do interior coruñés.

Así mesmo, están en aviso amarelo por acumulacións de máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora o interior da Coruña e de Pontevedra, así como o centro de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Elena Candia busca “fórmulas legais” para incorporar á tránsfuga Reigosa no goberno local

O pleno do Concello de Lugo no que se debatirá a moción de censura...

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Vilalba reclama unha reunión coa Xunta para tratar o estado da estación de autobús

A Estación de Autobuses de Vilalba, propiedade da Xunta de Galicia, está nun estado...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...