InicioSucesosDetidos en Lugo tras agredir e roubar a un mozo e lanzar...

Detidos en Lugo tras agredir e roubar a un mozo e lanzar botellas á Policía desde un edificio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional e da Local despregaron na noite do sábado un operativo na zona de Campo Castelo que se saldou coa detención de catro persoas, dous homes e dúas mulleres, por supostamente agredir e roubar a un mozo que precisou ser trasladado ao hospital.

Segundo informan a Europa Press fontes oficiais, os catro apresados son persoas novas e “delincuentes habituais”. Precisamente, algún deles contaba con algunha reclamación xudicial.

Os feitos, relatan estas mesmas fontes, ocorreron pasadas as 22,30 horas da noite do sábado nunha zona bastante concorrida do centro de Lugo. Os catro presuntos responsables escondéronse nun piso próximo ao lugar tras ameazar, agredir e roubar ao mozo. Desde alí, lanzaron á rúa diferentes obxectos como botellas. Ao lugar acudiron diferentes patrullas da Policía Nacional e a Local, que cercaron a vivenda ata que conseguiron entrar e efectuar as detencións.

Pola súa banda, o mozo afectado pola agresión necesitou ser trasladado en ambulancia ata o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Os corpos de seguridade proseguen coa investigación para esclarecer o sucedido e o alcance das lesións da vítima, á espera de que os catro detidos pasen a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...