InicioSociedadeA provincia de Lugo suma sete centros afectados por Covid

A provincia de Lugo suma sete centros afectados por Covid

Hai 10 positivos e dúas aulas pechadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 60 centros de ensino non universitario e 13 escolas infantís rexistran casos de coronavirus en Galicia, onde se acumulan, a data deste sábado, 96 positivos, e procedeuse a pechar 27 aulas, así como un colexio: o CPR Calasancio de Pontevedra, do que xa esta semana trascendera que tiña oito positivos no seu persoal.

Así o reflicten os datos difundidos pola Administración galega este sábado, que traslada o total de positivos, así como as aulas e centros pechados por áreas sanitarias, especificando os colexios e escolas infantís afectadas por casos de covid-19 e as localidades nas que están situadas.

Nin nas áreas de Lugo nin de Ourense compútanse casos en escolas infantís, aínda que si en centros educativos non universitarios. Na área de Lugo son un total de sete os centros afectados, que suman 10 positivos e dúas aulas pechadas.

Así, na capital lucense rexístranse dous positivos no CPR Plurilingüe A Inmaculada e tres positivos no CEIP As Gándaras. Así mesmo, a Xunta informa dun caso no CEIP Xoán de Requeixo de Chantada e de dous centros afectados en Friol –o CPR San José (cun positivo e unha aula pechada), e o CPI Dr. López Suárez, cun caso–.

No Incio tamén computa un positivo no CEIP Ricardo Gasset; e en Ribadeo, un positivo e unha aula pechada no CPR Sacro Corazón.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...