Home Sucesos Excarceran ao único ocupande dun coche tras saírse da vía e chocar contra o muro dunha casa en Xermade

Excarceran ao único ocupande dun coche tras saírse da vía e chocar contra o muro dunha casa en Xermade

0
Excarceran ao único ocupande dun coche tras saírse da vía e chocar contra o muro dunha casa en Xermade
O persoal dunha ambulancia trata de estabilizar a un ferido nun accidente / clm24.com

O condutor e único ocupante dun coche resultou ferido e tivo que ser trasladado a un hospital despois de que o vehículo saísese da vía e chocase contra o muro dunha casa en Xermade.

Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar na Lagoa, na parroquia de Burgás, sobre as 12,20 horas do mediodía deste sábado. Nese momento, unha persoa chamou á central de emerxencias para alertar do ocorrido.

Seguidamente, o persoal do 112 puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, dos bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil de Xermade. Para liberar ao home ferido, os bombeiros tiveron que facer uso de material de excarceración e, unha vez foi liberado, o 061 trasladouno ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)

+ posts