InicioSociedadeA situación da Covid segue estabilizada en Lugo, mentres se dispara en...

A situación da Covid segue estabilizada en Lugo, mentres se dispara en Pontevedra

Houbo un caso activo menos o pasado venres

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou en 24 horas un total de 281 novos positivos por coronavirus, o que supón un ascenso nos contaxios con respecto á pasada xornada, con 241 contagios. Ademais, o número de casos activos disparouse na área sanitaria de Pontevedra e, aínda que en menor medida, na de Vigo.

Segundo o parte diario facilitado este sábado pola Consellería de Sanidade, elaborado con datos de última hora do venres, as persoas curadas subiron ata as 16.525, o que implica que se deu o alta a outros 228 pacientes de COVID-19. En canto aos falecidos, producíronse 5 en 24 horas e o total de vítimas da pandemia ascendeu a 710.

Así, os casos activos de COVID-19 en Galicia –é dicir, o número de persoas que contan coa enfermidade– volveron a subir este sábado, en 48, polo que o total colócase en 4.365.

En concreto, a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés rexistra a maior subida no número de casos activos, que se dispara en 40 con respecto a este venres, ata ter 651. Tamén contabiliza unha subida, de 25, a área de Vigo, que se sitúa con 431 pacientes de coronavirus. Outra que ascende é a área de Ferrol, que este sábado suma cinco novos infectados, ata o total de 181.

En canto ás outras catro áreas sanitarias, todas elas rexistran descensos. A que máis casos activos de COVID acumula continúa sendo a da Coruña e Cee, con 1.223, aínda que son 15 menos que os reportados hai un día. Tamén baixan as áreas de Lugo, ata 744 (-1); Santiago, ata 626 (-5); e Ourense, ata 509 (-2).

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...