InicioSociedadeA residencia de Outeiro de Rei suma dúas vítimas máis por Covid...

A residencia de Outeiro de Rei suma dúas vítimas máis por Covid nas últimas horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O falecemento doutras catro persoas –tres en centros hospitalarios e un na residencia de Outeiro de Rei cun brote– elevan a 701 as persoas falecidas con COVID-19 en Galicia.

Así o informou este xoves a Consellería de Sanidade, que indicou que nas últimas 24 horas faleceron en centros hospitalarios unha muller de 56 anos ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro, un home de 56 anos no CHOP e unha muller de 77 no HULA –tamén procedía da residencia de Outeiro de Rei–. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Ademais, na xornada deste mércores pasado rexistrouse un falecemento dunha persoa con COVID na residencia de maiores DomusVi Lugo en Outeiro de Rei, concretou Sanidade.

Deste xeito, Galicia rexistrou ata a data 701 falecementos de persoas con COVID, delas 142 en residencias e 168 corresponden a persoas en hospitais e residencias integradas. E do total, 391 vítimas faleceron en centros hospitalarios.

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

A Policía desmantela unha rede de estafas á Seguridade Social con nexos en Lugo

A Policía Nacional desmantelou unha armazón composta por 38 empresas implicadas nunha presunta fraude...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...