InicioSociedadeBaixan os casos activos da Covid na provincia de Lugo

Baixan os casos activos da Covid na provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou 209 novos positivos por COVID-19 en 24 horas, unha cifra menor aos 236 contaxios notificados o domingo. En canto aos casos activos, reducíronse en 17, ata os 4.264. Unha redución que tamén se nota en Lugo, con 19 casos activos menos.

Segundo os datos feitos públicos este luns pola Consellería de Sanidade, con cifras actualizadas a última hora do domingo, o número de persoas curadas aumentou nun día en 218, ata o total de 15.440 desde o inicio da pandemia.

Ademais, as mortes subiron en oito con respecto ao parte ofrecido este domingo, polo que as vítimas mortais que deixa o coronavirus na Comunidade son un total de 689. Os últimos falecementos correspóndense con dous homes, de 88 e 79 anos, ingresados no Hospital de Verín (Ourense) e no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), respectivamente; e unha muller de 75 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que proviña da residencia Vos Gozos, en Pereiro de Aguiar.

Por áreas sanitarias, son tres as que rexistran ascensos no total de casos activos. A de Pontevedra é a que máis sobe, con 33 novas persoas infectadas que pon o total en 503. Tamén aumentan os casos activos, aínda que lixeiramente, na área de Ferrol, ata 186 (+2), e na de Ourense, a 482 (+9).

En canto ao resto, todas anotan descensos nos contaxiados de coronavirus. A Coruña continúa acumulando a maior cantidade, un total de 1.297 casos activos, pero baixan en sete con respecto a este sábado. Ademais, descenden en Lugo, ata 795 (-19); en Santiago, ata 640 casos activos (-30); e en Vigo, a 361 (-5).

Así mesmo, Sanidade notificou este luns que o número de PCR realizadas ata o momento en Galicia desde o inicio da pandemia é de 398.112, o que significa que en 24 fixéronse un total de 3.478 probas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...