InicioLugo e contornaCuarta persoa morta nun só día en Lugo por Covid

Cuarta persoa morta nun só día en Lugo por Covid

O maior balance de falecidos dos últimos meses notificouse o pasado mércores, cando Sanidade informou dun total de sete.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A morte dunha muller de 95 anos diagnosticada de COVID-19 no Hospital Polusa, en Lugo, elevou a 686 o cómputo total de vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia.

O falecemento nas últimas horas desta nonaxenaria, que contaba con patoloxías previas, segundo informan fontes sanitarias, supón o quinto notificado na xornada deste domingo.

Previamente, informouse doutras catro mortes. Tres delas rexistráronse no Hospital Lucus Augusti de Lugo (HULA): unha muller de 82 anos procedente da residencia DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei; un home de 77 anos usuario do xeriátrico do Incio; e unha muller de 87 que non tiña vinculación con ningún centro.

Ademais, Sanidade notificou a morte dunha muller de 95 anos que permanecía ingresada con coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Desde o comezo da ‘nova normalidade’, o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 67 persoas, tras a morte dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

Neste contexto, o maior balance de falecidos dos últimos meses notificouse o pasado mércores, cando Sanidade informou dun total de sete. A última vez que se superou esta cifra foi o pasado 5 de maio, con nove decesos.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...