InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo destina 185.000 euros a material informático para a...

A Deputación de Lugo destina 185.000 euros a material informático para a UNED e 20.000 aos hostaleiros da Milagrosa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do goberno bipartito (PSOE-BNG) da deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou que o organismo provincial destinará 185.000 euros á subministración de material informático para a sede da UNED na cidade, tal e como acordou este venres a xunta de goberno.

Trátase, dixo, da “subministración de material informático e de novas tecnoloxías“, como ordenadores, impresoras de alto rendemento ou sistemas de videoconferencia. “Isto vai permitir a renovación do equipamento tecnolóxico das diferentes dependencias da UNED, como o salón de actos, a aula de extensión ou o centro de procesos de datos”, debullou.

Porto engadiu que, con este investimento, vaise a mellorar tamén “a calidade dos contidos dixitais da plataforma telemática deste centro asociado da UNED”. A deputada provincial lembrou que foi a Deputación de Lugo a que financiou a construción do devandito centro, dado que era “a única provincia galega” que non contaba con esta infraestrutura. Nestes momentos, cifrou en 22 as titulacións de grao que aí se imparten.

BARRIO DA MILAGROSA

Ademais, durante a xunta de goberno aprobouse unha subvención de 20.000 euros para a Asociación de Veciños e Hostaleiros do barrio da Milagrosa, onde as restricións pola COVID-19 son das máis restritivas da comunidade.

Sobre esta cuestión, García Porto aproveitou para insistir en que “non” se pode “estigmatizar” a este barrio, na mesma liña argumentada polo presidente provincial, José Tomé.

Por outra banda, Porto informou da adxudicación de catro “cabinas sanitarias” ou aseos, por máis de 23.500 euros, para o Rato e varios “parques urbanos”. No Rato (Lugo cidade) atópase tamén o groso das parcelas dedicadas a hortas “urbanas”, 150, e 34 en Paraday, que se adxudicarán este mes de setembro.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...