InicioSucesosMorre un operario ao caerlle encima unha peza de formigón en Castro...

Morre un operario ao caerlle encima unha peza de formigón en Castro de Rei

O operario conducía un camión que portaba diverso material, cando, ao manipular a carga, caeu unha peza de formigón encima, deixándoo atrapado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un operario faleceu na tarde deste xoves no municipio lucense de Castro de Rei tras caerlle encima un bloque de formigón que estaba a manexar.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 15,30 horas no lugar de Prevesos, no termo municipal de Castro de Rei.

O operario, que traballaba para unha empresa de construción, conducía un camión que portaba diverso material, cando, ao manipular a carga, caeu unha peza de formigón encima, deixándoo atrapado.

Ata o lugar acudiron de inmediato os Bombeiros de Vilalba, que liberaron á persoa falecida, e os axentes da Garda Civil. O persoal sanitario do 061, que xa se atopaba alí, só puido certificar o seu falecemento.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...