InicioMedioambiente e PatrimonioAsí será a nova peonalización da Mosqueira en Lugo

Así será a nova peonalización da Mosqueira en Lugo

Rubén Arroxo destaca que están traballando tamén en converter o carril máis próximo á Muralla nun espazo peonil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas e o xefe de servizo de Enxeñaría, Pablo Fuentes, presentaron o proxecto de peonalización do tramo da Ronda da Muralla que percorre a Mosqueira.

O proxecto, que conta co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, sairá a licitación cun orzamento base de 797.016,93€ e un prazo de realización de 8 meses. “A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira”, anunciou Rubén Arroxo.

“Lugo ten a única Muralla romana completa do mundo, un patrimonio da humanidade do que temos a obriga como goberno de protexer e potenciar”, lembrou Arroxo, que engadiu “tal como advertiu o Icomos, as vibracións dos vehículos están a causar problemas estruturais ao monumento, polo que unha das liñas de traballo da área de Mobilidade, da que é protagonista a peonalización do tramo da Mosqueira, é retirar progresivamente os vehículos da Muralla”.

O xefe do servizo de enxeñería municipal, Pablo Fuentes, explicou as cuestións técnicas do proxecto que a área de Mobilidade e Infraestruturas levará adiante. “Utilizaranse materiais de primeira calidade que melloren a imaxe do monumento”, declarou Fuentes.

NOVO MODELO DE MOBILIDADE

A área de Mobilidade planificou tamén o desvío do tráfico que circula entre a Rúa Vilalba e a Porta de San Pedro. O novo percorrido comezará en Ramón Ferreiro, seguindo por Salvador de Madariaga, que mudará o sentido da circulación, rúa Dinán, rúa Hermanitas e San Roque. Este novo percorrido terá preferencia na rede semafórica da contorna.

FUTURO DA RONDA DA MURALLA

“Desde a área de Mobilidade traballamos en converter o carril máis próximo á Muralla nun espazo peonil, humanizado, con vexetación e mobiliario urbano e que ao mesmo tempo protexa a estrutura do monumento e permita gañar espazo peonil”, destacou Ruben Arroxo.

A área de Mobilidade mudará a peonalización temporal deste tramo por elementos fixos homologados no tramo máis próximo a Recatelo, e calcúlase que o inicio da obra sexa próximo ao inicio da Mosqueira, polo que “en 12 meses teremos a cuarta parte da Muralla peonalizada, e outro cuarto cun carril convertido en espazo peonil”, conclúe Arroxo.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo suposto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...