InicioSociedadeA Deputación de Lugo pídelle á Xunta que faga probas PCR nas...

A Deputación de Lugo pídelle á Xunta que faga probas PCR nas catro residencias de titularidade provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou que as probas se fagan de forma inmediata tanto aos residentes como ao persoal e despois periodicamente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informou este xoves de que remitiu senllas cartas á Consellería de Sanidade e á de Política Social para que fagan probas PCR nas catro residencias que dependen do ente provincial.

Así o dixo antes de participar nunhas xornadas sobre maiores. Tomei reclamou que esas probas “se fagan tanto aos residentes como ao persoal, agora, de forma inmediata e logo, periodicamente”. Polo momento, aclarou, non se rexistraron positivos por coronavirus en ningunha desas residencias.

Estas declaracións producíanse antes de manter un encontro no Pazo de San Marcos no contexto de “reunións que se manteñen periodicamente coas directoras das residencias, para analizar a situación do conxunto das residencias da Deputación, nas que afortunadamente a situación é moi boa“.

“Ata agora, e tocamos madeira, non tivemos ningún caso”, destacou. “Analízanse as medidas que imos tomando sempre tratando de anticiparnos, como o peche das visitas para evitar calquera tipo de contaxio. Temos uns protocolos tamén moi claros de como ten que acceder o persoal a traballar”, subliñou.

Neste momento están abertos os centros de maiores de Ribadeo, Trabada, Pol e A Fonsagrada, nos que viven uns 100 usuarios. En cada un deles traballan unhas 25 persoas.

O presidente provincial aproveitou para anunciar que antes de que finalice este ano confía en que poidan estar operativos os centros de Castroverde, “que é o que está máis avanzado”, e “logo”, o de Pedrafita.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...