InicioSociedadeA Policía Local de Lugo denuncia nun día oito incumprimentos no uso...

A Policía Local de Lugo denuncia nun día oito incumprimentos no uso da máscara

As intervencións foron detectadas en diferentes puntos da cidade este luns, 31 de agosto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Unidade Territorial de Policía Local de Lugo formalizaron denuncia na xornada de luns por oito incumprimentos no uso da máscara obrigatoria, segundo informa o consistorio.

As actas-denuncia foron confeccionadas por infraccións detectadas na rúa Milagrosa, Bispo Aguirre, Otero Pedrayo, Mar Cantábrico, Avenida da Coruña con Perpetuo Socorro, Avenida Coruña con Reverendo Xosé Fernández Núñez, Lamas de Prado e Avenida Coruña con rúa Menorca.

Nunha das intervencións tratábase dun viandante que, tras ser apercibido polos axentes, inicialmente negábase a facer uso da máscara, aínda que finalmente accedeu a poñela.

Noutro caso, outra persoa camiñaba sen ela, sacándoa dun peto e poñendoa de inmediato cando detectou a presenza policial. Nun terceiro caso, unha muller dixo esquecela en casa, a pesar de que se dirixía a un establecemento público para comprar tabaco.

DENUNCIA A UN CONDUTOR

Por último, outra acta foi confeccionada durante unha actuación en materia de tráfico e seguridade viaria, na rúa Otero Pedrayo, onde un camión formigoneira estaba estacionado sobre a beirarrúa, impedindo o paso peonil, achándose o seu condutor na beirarrúa e sen facer uso da máscara.

Nesta intervención tamén se dá conta á autoridade competente pola ocupación da vía pública sen autorización municipal e por impedir o paso de peóns sen adoptar as medidas de seguridade adecuadas, “xa que a situación prolongábase no tempo, ao estar a trasladar formigón a un baixo anexo no que se realizaban obras”.

Os axentes tamén interviñeron nunha disputa persoal na Porta de San Pedro, onde dúas persoas discutían xa que un deles chamáballe a atención ao outro por non facer uso da mascarila obrigatoria. Cando chegaron os axentes puideron comprobar que o peón que non facía uso da mesma portaba un informe médico que lle eximía de levala.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...