InicioSucesosDetidas catro mulleres que usaron a dous menores para roubar nunha empresa...

Detidas catro mulleres que usaron a dous menores para roubar nunha empresa do Ceao

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro mulleres foron detidas, dúas delas con antecedentes, por roubar nunha empresa no polígono do Ceao en Lugo, para o que usaron a dous menores de pouca idade. Segundo informou a Policía Nacional, a pasada noite foron arrestadas catro mulleres por un delito de roubo con forza, todas con domicilio en Lugo e dúas delas con antecedentes.

Os feitos ocorreron na tarde deste mércores cando se recibiu aviso nas dependencias da Policía Nacional a través da aplicación Alercops de que “unhas persoas estaban a cargar material dun establecemento do polígono do Ceao”, indicaron as mesmas fontes.

Personados no lugar as dotacións de Radiopatrullas en servizo, comprobaron como estas catro mulleres, “xunto con dous menores de idade, estaban a subtraer diferentes obxectos e introducíndoos en dous vehículos”, relatou a Policía.

Os menores e duas das detidas eran os que, a través dunha abertura realizada no aramado que protexe a empresa, sacaban o material que introducían nos vehículos, que estaban cargados de material informático e ferramentas, destacou a Policía.

Os menores foron entregados aos seus familiares, que se personaron no lugar e fixeron cargo dos mesmos. Mentres, os vehículos utilizados para o roubo foi intervido e trasladado ao depósito municipal. As detidas foron trasladadas a comisaría da Policía Nacional para tramitar o correspondente atestados que será enviado este xoves ao xulgado de garda xunto coas arrestadas.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...