InicioLugo e contornaLugoA Deputación concede 9.000 euros á asociación Agora para atender persoas con...

A Deputación concede 9.000 euros á asociación Agora para atender persoas con capacidades diferentes

O presidente provincial, José Tomé, puxo en valor a importancia de colaborar, desde as administracións públicas, con este tipo de colectivos sociais que traballan pola igualdade e a plena integración dos seus usuarios na sociedade, á vez que melloran a súa calidade de vida e benestar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o da asociación Agora, Manuel Barreiro, renovaron este martes a colaboración que a institución provincial mantén con esta entidade, á que destina 9.000 euros para a atención de persoas con capacidades diferentes.

Segundo detallou a institución provincial, a través desta axuda colabora no servizo de estimulación cognitiva e habilidades sociais para persoas con capacidades diferentes da comarca de Lemos, mellorando as súas capacidades encamiñadas a ter unha maior participación na súa contorna e mellora do seu benestar emocional. En concreto, Agora atende na actualidade a uns 30 usuarios de forma directa e conta con 91 socios.

Nun comunicado, o presidente provincial puxo en valor a importancia de colaborar, desde as administracións públicas, con este tipo de colectivos sociais que traballan pola igualdade e a plena integración dos seus usuarios na sociedade, á vez que melloran a súa calidade de vida e benestar.

A asociación Agora naceu en 1992 co obxectivo de promover e coordinar a defensa dos intereses das persoas con capacidades diferentes. O seu ámbito de actuación é a comarca de Lemos e desenvolve distintos programas e servizos para facilitar a atención que necesitan os usuarios, así como as súas familias.

IX FORUM DE INNOVACIÓN E FORMACIÓN SOBRE VEHÍCULOS

Por outra banda, a institución provincial informou de que este martes o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na inauguración desta cita organizada pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) á que acoden profesionais do sector, estudantes e afeccionados.

En concreto, este evento celébrase ata o vindeiro venres en Ribadeo e conta con 32 horas de actividades relacionadas co mundo da automoción. A Deputación colabora con esta xornada cunha achega económica de 3.000 euros para impulsar e apoiar o sector do automóbil.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...