InicioSucesosLocalizan tres menores sós nunha vivenda tras unha denuncia dun veciño

Localizan tres menores sós nunha vivenda tras unha denuncia dun veciño

A Policía Local explicou que lles manifestou un deles que, con certa frecuencia, salta da xanela ao balcón porque se atasca a porta do salón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo localizou a tres menores de 13 anos sós nunha vivenda tras denunciar unha persoa que vira a un menor saltar desde a ventan do terceiro piso dun edificio a un balcón anexo.

Segundo relatou a Policía Local de Lugo, ás 12,50 horas do pasado día 19 recibiuse aviso na Sala do 092 dunha persoa que puido observar como un mozo saltaba desde a xanela do terceiro piso dun edificio da Rúa Avelino Pousa Antelo ao balcón anexo, da mesma vivenda.

De inmediato, relataron as mesmas fontes municipais, acudiu ao lugar unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, cuxos ocupantes contactaron coas persoas presentes na vivenda: tres menores, de 13 anos.

A Policía Local explicou que lles manifestou un deles que, con certa frecuencia, salta da xanela ao balcón porque se atasca a porta do salón.

Debido a que os menores se atopan sós nese momento, os axentes procederon a realizar as xestións para contactar coa nai, que se presentou aos poucos minutos. A proxenitora foi informada do ocorrido e “do perigo que iso supón”, do que se dará conta ao Servizo de Menores.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...