InicioSociedadeLugo rexistra 23 novos casos de coronavirus este mércores cuns datos disparados...

Lugo rexistra 23 novos casos de coronavirus este mércores cuns datos disparados en Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Galicia seguen en aumento, con 118 máis con respecto a este martes, e sitúanse en 1.623 –tras subir en todas as áreas sanitarias menos na de Vigo. Deles 960 corresponden á da Coruña e Cee –39 máis–, e chama a atención a gran suba de casos na área de Lugo, con 23 máis.

Así se recolle nos datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, cinco atópanse en UCI –uno menos que este martes–, 55 permanecen en unidades de hospitalización convencional –sen cambios–, e 1.563 en seguimento domiciliario –119 máis respecto da xornada anterior–.

Dos 1.623 casos activos, 960 corresponden á área da Coruña e Cee –39 máis que este martes–; 136 á de Lugo –23 máis–; 138 á de Vigo –un menos–, 84 á de Pontevedra e O Salnés –nove máis–; 145 á de Ourense –14 máis–; 91 á de Santiago –24 máis– e 69 á de Ferrol –dez máis–.

Sanidade indica, así mesmo, que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.657 persoas, 32 máis que a xornada pasada, e faleceron 625 pacientes con COVID. A última vítima mortal, notificada este domingo, foi unha muller de 86 anos que estaba ingresada no Chuac e presentaba patoloxías previas.

Dos 1.623 casos activos na Comunidade galega, 17 están vinculados a centros residenciais, un máis que este martes, en relación a 11 usuarios e seis traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 286.968 con respecto ás 283.781 contabilizadas ata este martes, sinalou Sanidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Volve o servizo madrugador entre Lugo e Madrid de Renfe

Renfe modificará a partir do próximo 20 de maio o horario do tren Alvia...

Gandeiros do SLG protestan contra a baixada de prezos do leite diante de Lactalis

Gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) protestaron ante a fábrica de Lactalis, no municipio...

O PP di que “o grande éxito de Miguel Fernández son nove meses de xestións para cambiar un tren de hora”

O voceiro do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, amosouse moi...

Denuncian intento de agresión con arma branca a un funcionario da prisión de Monterroso

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denunciaron o intento de agresión con...