InicioSucesosAvisan á Policía Local porque persoal de recepción dun centro sanitario non...

Avisan á Policía Local porque persoal de recepción dun centro sanitario non usa máscara

Os axentes comprobaron a veracidade da información e procederon á identificación do traballador, que manifestou "non recibir ningunha directriz da dirección do centro de saúde sobre o uso de máscara, aínda que lles dotaban de biombo protector".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un cidadán avisou á Policía Local de Lugo porque persoal de recepción dun centro sanitario non facía uso da máscara “nin cando interactúa cos cidadáns”.

Así o relatou a Policía Local, que indicou que ás 20,30 horas deste luns pasado un cidadán requiriu a presenza policial nun centro sanitario de Lugo xa que, segundo dixo, o persoal de recepción e información non había uso da máscara obrigatoria “en ningún momento, nin sequera cando interactúa cos cidadáns”.

Segundo indicaron as mesmas fontes, tiñan instalado un biombo protector, pero subíana “para falar con quen ía solicitar información”.

Unha vez no lugar os axentes comprobaron a veracidade da información e procederon á identificación do traballador, que manifestou “non recibir ningunha directriz da dirección do centro de saúde sobre o uso de máscara, aínda que lles dotaban de biombo protector”, matizou.

Por iso, os axentes informáronlle de que, segundo a normativa vixente, toda persoa maior de seis anos está “obrigada ao uso de máscara en todo momento, tanto cando estea en vía pública e en espazos ao aire libre, como en espazos pechados de uso público ou que se atopen abertos ao público“, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal, salvo que se atope “nalgunha das excepcións reglamentadas”.

Por iso, a Policía Local de Lugo sinalou que dará conta á Consellería de Sanidade para a tramitación do correspondente expediente sancionador.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...