InicioSociedadeCC.OO sinala que Inspección de Traballo constata "deficiencias" do protocolo para persoal...

CC.OO sinala que Inspección de Traballo constata “deficiencias” do protocolo para persoal municipal

CC.OO. avisa de que estará "vixiante do cumprimento desta advertencia e dos dereitos dos traballadores e traballadoras do Concello de Lugo" e asegura que volverá denunciar "se é necesario".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Inspección de Traballo constatou “deficiencias” denunciadas por CC.OO. relativas ao protocolo de prevención de riscos laborais ante a COVID-19 no Concello de Lugo, segundo informa o sindicato.

Nun comunicado, CC.OO. lembra que denunciou ante Traballo o pasado 8 de xullo as referidas “deficiencias” e sinala que Inspección acaba de “advertir” ao Consistorio sobre que “debe cumprir” o protocolo “e facilitar sempre como obrigación as medidas de protección individual (EPI) aos traballadores”.

“Todos os traballadores/as deben pedir os EPI aos seus superiores cando carezan dos mesmos”, destaca a organización sindical na nota de prensa, na que, ademais, no marco da organización do os servizos, agrega que “a rotación entre os traballadores/as pola falta de persoal débese substituír por contratacións novas ante os posibles contagios e illamentos, para evitar a rotación de traballadores entre distintos postos de traballo e así garantir que non se expanda un posible contaxio, tanto entre os traballadores como os usuarios”.

CC.OO. avisa de que estará “vixiante do cumprimento desta advertencia e dos dereitos dos traballadores/as do Concello de Lugo” e asegura que volverá denunciar “se é necesario”.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...