InicioBierzoVeciños do Bierzo piden integrarse en Galicia como unha nova provincia

Veciños do Bierzo piden integrarse en Galicia como unha nova provincia

O trámite estaría contemplado na Constitución pero precisaría reformar o Estatuto de Autonomía

PUBLICADA O

- Advertisement -

Podería Galicia pasar a ter 5 provincias no canto de 4? É a pregunta que deixa aberta o manfiesto fundacional da asociación A Quinta, que este mesmo xoves vén de constituírse como unha alianza social para pedir a integración dos 28 concellos da comarca do Bierzo en Galicia como unha provincia máis.

Segundo apuntan no seu manifesto fundacional, desenvolto en galego e castelán, as “continuas mostras de achegamento” entre ambos territorios, así como o “sentir provincialista maioritario” dos veciños do Bierzo obrigan á clase política a buscar o “consenso necesario” para proceder á creación desa quinta provincia.

Tal e como dispoñen no mesmo texto, a Constitución do Estado español recolle, no seu artigo 141, a posibilidade de que se produzan “alteracións dos límites provinciais”. Este mesmo caso hipotético, lamentan dende a asociación, foi excluído do Estatuto da Autonomía de Galicia, non así do de Castela e León. Por esta razón, apuntan dende a organización A Quinta, sería precisa unha reforma por parte do Parlamento de Galicia do noso estatuto, modificación que os autores do manifesto marcan como obxectivo a seguir.

UNHA COMARCA FLUCTUANTE

Tal e como apuntan dende A Quinta, a disposición histórica da comarca do Bierzo presenta unhas fluctuacións que, a nivel histórico, virían a xustificar a posibilidade de incluíla no ordenamento territorial de Galicia. “Non debemos esquecer que O Bierzo existiu dentro da organización territorial española como comarca pertencente a Galicia ou a León
no pasado. Incluso foi declarada provincia na proposta administrativa de 1832 segregada de Ourense e León”, destacan.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...