InicioSociedadeDescenso significativo de 30 casos na área sanitaria de Lugo

Descenso significativo de 30 casos na área sanitaria de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos por coronavirus en Galicia descenderon este martes en 24, ao pasar dos 202 do luns a 178. Así, baixaron en 30 os de Lugo, que conta cun significativo brote na Mariña, pero hai catro novos na área da Coruña –sen contar o foco nos xogadores do Fuenlabrada–, un en Santiago e outro en Vigo.

En concreto, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, 106 dos casos activos corresponden coa área de Lugo, que experimenta un forte descenso, con 30 menos. Pola súa banda, soben en catro, ata os 31 casos, os rexistrados na área sanitaria da Coruña.

Ademais, detectouse un novo caso Vigo, área sanitaria na que ascenden a 18; e outro en Santiago, onde hai detectados un total de 9. Pola súa banda, Pontevedra mantense con nove e Ourense con cinco. Ademais, non hai ningún na área de Ferrol. Do total de pacientes positivos, sete continúan en unidades de hospitalización e 171 permanecen no seu domicilio. Pola súa banda, a UCI galegas continúan sen pacientes de coronavirus.

UN CASO VINCULADO A RESIDENCIAS

Dentro dos casos rexistrados en Galicia hai un vinculado con residencias de maiores, segundo concreta Sanidade, que corresponde a unha traballadora dun centro de Burela, mentres os xeriátricos seguen sen usuarios infectados.

A Consellería de Sandiade reiterou que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...