InicioPolíticaO PP saca máis da metade dos votos en Lugo, co BNG...

O PP saca máis da metade dos votos en Lugo, co BNG de segundo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular capitaneado por Alberto Núñez Feijóo, que cultivou a cuarta maioría absoluta consecutiva, foi a lista máis votada en todas as cidades galegas, mentres que o BNG sitúase como segunda forza en todas excepto Vigo, bastión de Abel Caballero e única urbe na que o PSdeG supera aos nacionalistas.

Na cidade de Lugo, o Partido Popular faise con máis da metade dos votos depositados nas urnas, ao obter un 50,98% do apoio, con 22.657 sufraxios. Por detrás sitúase o BNG, con 10.403 papeletas e unha porcentaxe do 23,41%. Os socialistas tamén quedan como terceira forza e só chegan ao 17,2% dos votos, con 7.785 apoios. Galicia en Común quedou co 3% con 1.334 votos (en 2016, En Marea tivo o 20,69% con 10.159 votos). Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Autorizado un novo parque eólico entre Castroverde, Castro de Rei e Pol

A Xunta concedeu a autorización ambiental ao parque eólico Batifol, situado entre os municipios lucenses...

O PP de Lugo critica a “precariedade” do servizo municipal de bombeiros

O Partido Popular de Lugo advertiu da falta de bocas de incendio no polígono...

Acusacións entre PSOE e PP de Lugo por falta de unanimidade nunha votación

A reunión da Comisión de Suxestións celebrada este xoves no Concello de Lugo terminou...

Deputación e Concello de Lugo estiman que as obras da avenida Infanta Elena rematarán entre outubro e novembro

As obras de desdobramento do último tramo da avenida Infanta Elena de Lugo terminarán...