InicioSociedadeA suposta xuíza pitonisa de Lugo, suspendida cautelarmente

A suposta xuíza pitonisa de Lugo, suspendida cautelarmente

A decisión do promotor disciplinario está motivada pola natureza da sanción por exercer unha actividade incompatible co cargo xudicial, que podería rematar coa carreira da xuíza

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza investigada por exercer supostamente de pitonisa en Lugo será suspendida de xeito cautelar por un máximo de seis meses. O promotor da acción disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) tomou esta decisión, segundo informa GaliciaConfidencial, logo de comprobar indiciariamente que a titular do Xulgado de Vixiancia Penitenciaria número 3 de Lugo cobrou por botar o tarot e seguiu con esta actividade logo de que trascendera publicamente.

Esta acción chega logo de que en xuño o CGPJ abrira expediente disciplinario á xuíza, pola comisión dunha falta moi grave por, supostamente, anunciarse coma tarotista e vidente e levar a cabo estas prácticas. A decisión da suspensión provisional, tal e como informou este xoves o Consello Xeral, ampárase no previsto no artigo 417.6 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, de actividades incompatibles co cargo de xuíz ou maxistrado, que quedan establecidas no artigo 389 da mesma norma.

Deste xeito, o promotor da acción disciplinaria considera que as actuacións reflictidas no expediente permiten acreditar indiciariamente a actividade da xuíza. “Vén exercendo unha actividade de cartomancia a través da baralla do tarot, aceptando diñeiro a cambio”, asegura. Este negocio continuou incluso despois de que tanto o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coma o propio CGPJ abriran dilixencias informativas, logo de trascender a actividade.
Así as cousas, a suspensión cautelar queda xustificada “en vista da gravidade dos feitos”, “a posibilidade de reiteración de conduta” e “da natureza da sanción que se lle podería impor en caso de apreciarse comisión de falta”, que podería chegar á expulsión da carreira xudicial.
Antes da suspensión, a comisión disciplinaria do Consello dará audiencia á xuíza expedientada, como tamén ao Ministerio Fiscal, para que realicen as alegacións oportunas.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...