InicioSucesosDesarticulan un grupo criminal que cometera roubos en 23 provincias, entre elas...

Desarticulan un grupo criminal que cometera roubos en 23 provincias, entre elas Lugo

Estaban especializados na apertura de caixas fortes coa utilización de ferramentas como a lanza térmica ou o soplete oxicorte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional desarticulou un grupo criminal itinerante dedicado á comisión de roubos con forza en oficinas e establecementos de toda España mediante a utilización de lanza térmica e soplete oxicorte.  Especializados na apertura de caixas fortes, o grupo actuou por toda España e impútanselle ata 23 roubos con forza cometidos en Madrid, Lugo, Oviedo, León e Valdepeñas (Ciudad Real).

Tres dos detidos foron sorprendidos no interior dunha ferretería de Madrid cando se dispuñan, precisamente, a forzar unha caixa forte.

Segundo explicou a Policía Nacional, as primeiras pescudas tiveron lugar tras un roubo nun establecemento comercial de Madrid o pasado mes de setembro, cando os criminais tentaron forzar unha caixa forte cun soplete oxicorte, pero non conseguiron o seu obxectivo e tan só puideron subtraer 300 euros.

Tras a identificación dalgún dos autores, os axentes descubriron a actividade delituosa do grupo, que os levou en xaneiro deste ano a forzar unha caixa forte nunhas oficinas de Madrid, logrando levar do interior 80.000 euros en efectivo.

Así, en febreiro roubaron nun establecemento comercial de León, onde tamén forzaron unha caixa forte e levaron 34.000 euros, ademais de coleccións enteiras de pezas de marcas exclusivas gardadas nun almacén e valoradas en preto de 87.000 euros.

O ESTADO DE ALARMA “PARALIZOU” OS ROUBOS

Con todo, a declaración do estado de alarma paralizou a actividade delituosa do grupo, que se volveu a reactivar co levantamento das restricións de mobilidade.

Foi o pasado día 18 de xuño cando os axentes procederon á detención de seis dos investigados. Entón, os axentes levaron a cabo catro rexistros domiciliarios -tres en Madrid e un en Xetafe- nos que se interveu 4.260 euros e tres vehículos.

Así mesmo, incautáronse ferramentas e material para a comisión de roubos, para a apertura e forzamEento de fechaduras, para a realización de butróns e apertura de caixas fortes, así como as pezas de vestir que foran roubadas en León e roupa empregada na comisión dos roubos.

A Policía, que mantén a operación aberta, destacou a gran experiencia e profesionalidade dos arrestados. Segundo apuntan, teñen un perfecto coñecemento e manexo de ferramentas como sopletes oxicorte, inhibidores de frecuencia, así como os coñecementos técnicos necesarios para a desactivación de alarmas.

ÚLTIMAS

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...