InicioSociedadeA Deputación aposta pola educación como chave para a igualdade do colectivo...

A Deputación aposta pola educación como chave para a igualdade do colectivo LGTBI+

O Concello de Lugo coloca o símbolo do arco da vella no cemiterio municipal en homenaxe a "todas as persoas que en vida tiveron que ocultar a súa orientación sexual"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo quixo sumarse ás reivindicacións do colectivo LGTBI+ e mostrar o seu “firme compromiso” a través dunha declaración institucional con motivo do Día Nacional do Orgullo, que se celebra este domingo 28 de xuño, na que aposta por “traballar desde a escola” para lograr a igualdade.

Así, o goberno provincial dirixido por José Tomé reafirma o seu apoio ás políticas “que contribúan a alcanzar unha sociedade que garanta os dereitos e a igualdade real” das persoas LGTBI+, especialmente as mulleres lesbianas, trans e bisexuais, as “grandes invisibilizadas“, ás que este ano se lle dedica a lema ‘Mulleres LTB: sororidade e feminismo’.

Por iso, a Deputación apela a facer “un esforzo específico” para recoñecer a loita e as necesidades destas mulleres que sofren unha “dobre discriminación” no contexto dunha “sociedade machista”.

“Temos que traballar desde a escola, porque só coa educación en diversidade alcanzaremos unha igualdade plena, consolidada e real. E precisamos traballar nas institucións, públicas e privadas, para facer real esa igualdade, rexeitando os estereotipos negativos que tantas veces acompañan ás mulleres lesbianas, bisexuais ou trans”, remarca o goberno provincial.

OS DEREITOS LGTBI NO RURAL

Ademais, a Deputación alude ao marcado “carácter rural” de Lugo, o que engade en ocasións “dificultades específicas aos problemas” que teñen que afrontar as persoas LGTBI+: “Soidade, falta de referentes, maior incomprensión social e familiar, mesmo rexeitamento“.

Por iso, a institución fai un chamamento a que os concellos sexan a administración “máis próxima” ao colectivo que vive en pequenos municipios, posto que responsables políticos e persoal municipal debe “reforzar o seu compromiso” cos dereitos destas persoas.

O ARCO DA VELLA NO CEMITERIO MUNICIPAL DE LUGO

Por outra banda, na capital provincial, este símbolo aparecerá ao longo da próxima semana nas portas do cemiterio municipal para homenaxear “todas as persoas que en vida tiveron que ocultar a súa orientación sexual”, tal e como explicou a edila de Participación e Servizos para os Veciños de Lugo, Cristina López.

“Trátase dunha homenaxe a todas as persoas LGBT que descansan no noso cemiterio, pero tamén é unha chamada ao conxunto da sociedade para avanzar na eliminación de todo tipo de discriminacións e violencia, especialmente contra a diversidade afectivo sexual”, engadiu, aínda que apostou por traballar nesta materia “todos os días do ano”.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...