InicioSociedadeMedran os focos de coronavirus do norte da provincia

Medran os focos de coronavirus do norte da provincia

Sanidade confirma catro novos positivos na Mariña, de maneira que os casos activos na provincia ascenderían a 38.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou outros catro novos positivos de coronavirus na Mariña Lucense, onde constatou a existencia de dous focos da doenza, en Xove e Burela, aínda que hai infectados en varios municipios da bisbarra. Deste xeito, o número de casos activos na comarca ascende a 22.

Os novos casos son froito dos rastrexos e teñen polo tanto “relación” cos dous núcleos localizados, segundo confirman fontes do Sergas.

A Consellería de Sanidade expón que as probas realizadas a partir de detectarse o primeiro caso de infección por Covid-19 na Mariña, o pasado martes nun núcleo familiar de Xove, “superan as 200. Nestes momentos, aínda hai estudos pendentes de obter o resultado, ao tempo que se seguen a facer máis probas aos contactos xurdidos dos novos casos”, indica.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...