InicioSociedadeEstabilidade nos casos activos da provincia e lixeiro aumento en Galicia

Estabilidade nos casos activos da provincia e lixeiro aumento en Galicia

A área lucense encadea catro días seguidos con 17 positivos. Na comunidade galega, todas as miradas están postas no Barbanza, cun rebrote de COVID-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo mantense estable fronte ao coronavirus ao rexistrar por cuarto día consecutivo 17 casos activos. Os datos da Consellería de Sanidade confirman que unha persoa segue ingresada no HULA, mentres que Política Social non refire ningún positivo nas residencias lucenses.

En Galicia, en cambio, dáse conta dunha lixeira repunta (+3) ata alcanzar os 343 positivos activos nunha xornada na que todas as miradas están focalizadas na área do Barbanza, onde se detectou un novo brote de coronavirus con nove casos.

Nos hospitais galegos hai catro pacientes ingresados, pero ningún na UCI. Ata o momento faleceron 619 persoas.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...