InicioSociedadeAnuncian accións para esixir "responsabilidades" pola morte do veterinario nas Nogais

Anuncian accións para esixir “responsabilidades” pola morte do veterinario nas Nogais

A CIG presentou denuncia ante Inspección de Traballo e mobilizarase contra as "deficientes" condicións laborais dos empregados do saneamento gandeiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG (Confederación Intersindical Galega) presentou denuncia ante Inspección de Traballo pola morte dun veterinarion as Nogais o pasado 28 de maio ao ser golpeado por unha vaca. Así mesmo, anuncian mobilizacións para esixir responsabilidades e a mellora nas condicións laborais deste colectivo.

O sindicato busca que a autoridade laboral poida “esclarecer” este accidente laboral e comprobe “as deficiencias no referente a materia de seguridade e saúde laboral coas que o persoal de saneamento gandeiro traballa“, á vez que pide “depurar as responsabilidades correspondentes”.

Neste sentido, considera que “existen responsabilidades” da Xunta e a empresa Tragsatec neste accidente laboral. Censura que nun servizo e unha empresa públicos están a priorizarse “criterios de rendibilidade económica fronte ao criterio de seguridade do persoal veterinario que realiza as funcións”.

Sinala a importancia de que este traballo se desenvolva en parellas e coas medidas de protección adecuadas. “A perda deste compañeiro ten que servir para que se produza un cambio substancial nas condicións de traballo do persoal veterinario que realiza as campañas do saneamento gandeiro”, reflexiona.

Ante esta situación, o sindicato comezará mobilizacións para esixir melloras de seguridade. O 25 de xuño fará unha concentración diante da sede da empresa Tragsatec de Lugo, mentres o 2 de xullo manifestarase ante o edificio da Xunta.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...