InicioSucesosDetidas dúas lucenses por estafar 30.000 euros a través da compravenda de...

Detidas dúas lucenses por estafar 30.000 euros a través da compravenda de móbiles

O 'modus operandi' baseábase na complicidade entre a vendedora e a persoa que convencía a terceiros para presentar o DNI a cambio dunha pequena cantidade de diñeiro. Posteriormente, vendían estes terminais a un prezo moi superior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo por estafa a dúas mulleres de 38 e 48 idades, veciñas de Lugo. Atribúenselles feitos que “se ramifican por todo o Estado” e cuxo importe podería “alcanzar os 30.000 euros”.

O modus operandi é “moi particular”, tal como o define a Policía Nacional. A maior das detidas buscaba “persoas consideradas socialmente vulnerables”, ben por estar nunha situación precaria economicamente ou por padecer algún trastorno cognitivo, e trataba de convencelas para que a acompañasen a un determinado comercio. 

Xeralmente, tratábase de establecementos de telefonía móbil, pero tamén se detectou actividade ilícita en locais de electrodomésticos e mesmo en moblerías, segundo fontes policiais. Unha vez dentro do local, pedíalle a estas persoas que presentaran o seu DNI e que asinaran un contrato de compravenda dun ou varios terminais móbiles. A cambio, ofrecíanlle cincuenta euros por aparello.

“Aquí é onde entra en connivencia a persoa que os vende, neste caso a outra detida, xa que non pon ningún inconveniente na operación, e como non se require un certificado bancario da conta onde domiciliar o financiamento, realízase a operación”, explica a Policía.

A persoa que leva os móbiles de alta gama véndeos a posteriori “cuns beneficios moi altos“, subliñan as mesmas fontes. E a persoa que asina o financiamento atópase con que, por parte da compañía, reclámaselle a débeda contraída no contrato.  De todo iso informouse á autoridade xudicial despois de tomar declaración ás detidas en dependencias policiais. As investigacións seguen abertas.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...