InicioSociedadeA biotecnolóxica ICM, con sede en Lugo, podería procesar ata 3.000 tests...

A biotecnolóxica ICM, con sede en Lugo, podería procesar ata 3.000 tests de coronavirus cada día

O Instituto de Estudos Celulares e Moleculares é o único laboratorio privado de Galicia validado polo Instituto Carlos III para realizar probas PCR do SARS-CoV-2. Chegou a procesar 1.000 diagnósticos diarios para a sanidade pública durante o pico da pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto de Estudos Celulares e Moleculares (ICM), con sede en Lugo, é o único laboratorio privado de Galicia validado polo Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) de Madrid para realizar probas PCR do coronavirus. Se xa chegou a facer 1.000 test diarios para a sanidade pública durante o pico da pandemia, agora esta compañía aumenta a súa capacidade e poderá procesar ata 3.000 probas diarias para diagnosticar a COVID-19.

Este laboratorio de xenética afrontou un investimento de máis dun millón de euros en tecnoloxía para incrementar a súa capacidade diagnóstica. A compañía vén de incorporar dous robots de última xeración, que se suman a outros dous anteriores, que lle permiten estar “preparada” por se fose preciso volver reforzar a sanidade pública ante un rebrote da COVID-19 no futuro.

ICM traballou para o Sergas, pero tamén para os servizos de saúde de Madrid ou das Illas Canarias co apoio do Laboratorio de Produción Animal de Galicia (Lapasaga). “Cando o Sergas necesitou capacidade de produción por falta de medios propios chamounos e propúxonos montar a detección da COVID-19 para reforzar as áreas sanitarias de Lugo, Ourense e Ferrol”, lembra Alfonso Alba, director xeral. “Ás 48 horas da solicitude  fomos capaces de empezar a producir ata 500 tests diarios. Unha semana despois, canda o Lapasaga, os diagnósticos procesados xa ascendían ata os 3.000.

ÚLTIMAS

Lugo propón o Pazo de Feiras como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitará ao Padroado da Fundación Feiras e Exposicións...

Denuncian filtracións, riscos estruturais e aulas ‘forno’ na escola infantil Gregorio Sanz de Lugo

Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou que o BNG "acepta" a existencia de "riscos estruturais, filtracións...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...