InicioMedioambiente e PatrimonioUnha decena de xacementos lucenses "desprotexidos" por erros no visor de usos...

Unha decena de xacementos lucenses “desprotexidos” por erros no visor de usos forestais da Xunta

Adega e Mariña Patrimonio denuncian que o Castro de Quenllas do Forno (Guitiriz) ou a Mámoa de Tras as Airas (A Fonsagrada) poderían verse afectados por cortas e plantacións debido a fallos na súa xeolocalización

PUBLICADA O

- Advertisement -

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e Mariña Patrimonio reclaman á Consellería de Cultura que revise a información xeográfica do patrimonio cultural vertida no visor de aproveitamentos forestais da Xunta. As dúas agrupacións denunciaban o pasado 15 de maio “un número considerable de erros de xeolocalización de xacementos” que puñan en perigo os sitios arqueolóxicos ao poder verse afectados por cortas ou plantacións, dado que o decreto 73/2020, que entrará en vigor o 9 de xuño, pretende axilizar e simplificar este tipo de procedementos. Destacan, a nivel provincial, unha decena de xacementos ameazados.

A propia Consellería de Medio Rural admitiu días atrás, consultada polo Xornal da Mariña, que Cultura recoñecía a existencia “dunha porcentaxe de erros, algúns deles xa identificados e en proceso de corrección“. Con todo, os colectivos denuncian que Cultura non só “segue en explicar de que forma vai proceder para reparar as eivas detectadas e se vai facer unha revisión profunda e completa da actualización dos datos”, senón que “continúa recomendando o emprego do visor telemático como ferramenta para avaliar se cómpre ou non solicitar autorización á hora de realizar traballos forestais en zonas potencialmente protexidas“.

XACEMENTOS “AMEAZADOS” EN GUITIRIZ OU NA FONSAGRADA

Entre os erros que sinalan Adega e Mariña Patrimonio, vense afectados xacementos da Terra Chá, da costa lucense ou da Montaña. Así, sobre o Castro de Quenllas do Forno (Guitiriz), as asociacións indican que “o visor só marca como zona protexida un terzo do xacemento”. A Mámoa de Tras As Airas (A Fonsagrada) “localízase nunha ladeira de forte pendente, a un quilómetro de distancia de onde realmente está situada”. Ademais, din, “nesta zona fican dúas mámoas por catalogar e, polo tanto, quedan desprotexidas”. Poñen tamén o exemplo da Arquela da Pruída, tamén na Fonsagrada, a cal aparece desviada no visor uns 123 metros respecto da súa situación verdadeira.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...