InicioSucesosUn bar de Lugo 'á súa bóla': co triplo de persoas permitidas,...

Un bar de Lugo ‘á súa bóla’: co triplo de persoas permitidas, sen medidas sanitarias e con fumadores dentro

A Policía Local interpuxo denuncia a un establecemento da rúa Nova que fixo pleno nas irregularidades do estado de alarma. Entre outras, non se mantiñan as distancias de seguridade, os empregados non levaban máscaras e estaba aberto fóra de horario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncia a un bar por triplicar o número de persoas permitido, por  non manter as condicións hixiénico-sanitarias no marco da desescalada, ou por exercer fóra de horario e deixar fumar dentro, entre outras irregularidades.

Segundo informou a Policía Local, ocorreu durante unha inspección a un establecemento da rúa Nova a iso das 3:40 horas deste venres. Alí, os axentes atoparon un panorama que para nada se axeitaba ao esperable en tempos de pandemia e de estado de alarma. No interior do local, os incumprimentos íanse sucedendo.

Por un lado, os axentes realizaron denuncia pola ausencia de xeles hidroalcohólicos e de máscaras nos traballadores. Tampouco os usuarios mantiñan a distancia de seguridade. Ademais, fontes policiais indicaron que se superaba o número de persoas establecidas pola normativa sanitaria. Non podería pasar do 40% da súa capacidade, pero os axentes comprobaron que había un triplo da xente permitida.

MÁIS IRREGULARIDADES

Así mesmo, o local foi denunciado por exercer a actividade fóra do horario máximo permitido; por ter instalado debaixo da pantalla de LCD unha barra potenciadora de son sen ter licencia para tal; polo consumo de tabaco por parte de clientes no interior; e por usar un local anexo como terraza sen contar con autorización.

A Policía Local tamén levantou acta por atoparse clientes do local que consumían na barra “cando está totalmente prohibido” pola  normativa no momento actual do estado de alarma.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...