InicioSociedadeO Concello de Lugo solicitará a Fomento a cesión de máis de...

O Concello de Lugo solicitará a Fomento a cesión de máis de dous quilómetros da N-VI

Trátase do tramo dende a ponte branca ata a intersección coa Avenida Breogán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo solicitará ao Ministerio de Fomento a cesión dun tramo de dous quilómetros da estrada N-VI ao seu paso por Lugo, comprendido dentro da zona de actuación da estratexia DUSI, para a súa integración como vía urbana.

Nunha rolda de prensa telemática onde estaban presentes a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Urbanismo, Miguel Couto, confirmaban que esta petición será aprobada este mércores pola xunta de goberno local. A petición de cesión corresponde co tramo de 2,3 quilómetros, polo que circulan cada día máis de 23.000 vehículos, que vai desde a ponte branca ata a intersección da Avenida Breogán.

O obxectivo das actuacións é dar celeridade a todas as actuacións do plan DUSI e buscar a unión da cidade co Río Miño. Unha operación que a rexedora lucense enmarcou “dentro da relación de diálogo e colaboración permanente” que manteñen as dúas administracións, e que busca para a cidade lucense “un futuro verde, sustentable, conciliador e respectuoso co medio ambiente”.

OUTRAS CESIÓNS

O Concello lucense tamén solicitará a Fomento a cesión de tramo da estrada N-540 á altura de San Pedro de Calde que dá acceso ao enclave de Penales e ao núcleo do Burgo.

Á súa vez, o Consistorio lucense pediralle á Xunta a cesión dun tramo da LU-530, na rúa San Eufrasio, co fin de mellorar a seguridade do tráfico nese punto da capital. A intención do Concello é construír unha rotonda para dar solución aos problemas da conexión coa Avenida de Fontiñas.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...