InicioSen categorizarA muller máis vella en superar a Covid-19 en Lugo morre polas...

A muller máis vella en superar a Covid-19 en Lugo morre polas secuelas aos 102 anos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Edelmira Prado Prado, sor María Trinidad ou ‘Trini’, como a coñecían cariñosamente na parroquia da Milagrosa, na cidade de Lugo, faleceu o pasado venres -día 22 de maio- aos 102 anos, un mes despois de recibir o alta no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), tras vencer ao coronavirus e converterse na persoa máis lonxeva que superou o Covid-19 nesa provincia, segundo informou o propio Sergas.

Aínda que venceu ao coronavirus, non puido en cambio superar as secuelas da enfermidade, que a obrigaron a ingresar de novo no HULA, aclararon a EFE fontes da Diocese de Lugo.

A pesar da súa avanzada idade, ‘Trini’ sempre mantivo, ata que se viu afectada polo coronavirus, unha intensa actividade na parroquia da Milagrosa, onde era “moi coñecida e querida” polos fregueses, explicou o párrroco, José Antonio Ferreiro, en declaracións a EFE.

Esta irmá da Sacra Familia de Bordeus “levaba unha vida completamente activa e facía moitas cousas”, ata que enfermou do Covid-19, dado que se facía cargo do “servizo de axuda na sancristía da parroquia”. “Pasaba moitas horas alí, porque era a súa ocupación e a súa preocupación”, dixo o sacerdote, polo que foron moitos os fregueses que preguntaron por ela cando estivo ingresada no HULA -uns vinte días-.

O pasado 23 de abril, cando recibiu o alta na área de hospitalización, a paciente foi despedida con aplausos por parte do persoal sanitario que se ocupou do seu coidado, mentres se escoitaba de fondo a canción do Dúo Dinámico que xa se converteu en todo un himno: “Resistiré”.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...