InicioSucesosXulgan en Lugo un garda civil por non perseguir un caso de...

Xulgan en Lugo un garda civil por non perseguir un caso de malos tratos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulga os días 28 e 29 a un garda civil por un suposto delito de omisión do deber de perseguir delitos, neste caso un de malos tratos, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Os feitos remóntanse a finais de 2009 e 2010 tras unha denuncia por malos tratos, indicando que o investigado, da Comandancia da Garda Civil de Lugo, “tiña coñecemento dos feitos e que non fixo nada”, engade no seu escrito o Ministerio Público.

En 2014, houbo sentenza firme da Audiencia de Lugo polos citados malos tratos, tendo lugar o último episodio en 2007. “O delito que se investiga nas presentes actuacións foi presumiblemente cometido durante o período en que se produciron os malos tratos, aínda que foi denunciado no ano 2009 e por iso antes da reforma operada pola Lei Orgánica 5/10”, apunta o Ministerio Público.

“O certo é que tras tomar declaración á denunciante e ao investigado no ano 2009 e 2010 e ata a formación da presente peza non consta a realización de actuación algunha relativa ao delito investigado”, engade o Ministerio Público que sostén, con todo, que “o prazo de prescrición marcado na lexislación vixente á data dos feitos transcorreu e procede declarar prescrito o posible delito”. Por este motivo, pide o arquivo da causa.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...