InicioPolíticaO PP esixe retomar os plenos na Deputación para rematar co "tempo...

O PP esixe retomar os plenos na Deputación para rematar co “tempo de segredo”

Javier Castiñeira pídelle a José Tomé que convoque a sesión ordinaria do mes de maio e que se deixe de gobernar "a golpe de decreto".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo provincial do Partido Popular dirixiuse ao presidente da Deputación de Lugo para esixirlle que convoque de novo os plenos ordinarios na institución provincial, porque neste momento do plan de “desescalada” xa non ten sentido seguir gobernando “a golpe de decreto”.

En declaracións aos medios de comunicación, o portavoz do Partido Popular, Javier Castiñeira, lembra que mañá termina o prazo para “convocar as comisións” correspondentes ao “pleno ordinario” de maio, polo que lle pide ao presidente da Deputación, a José Tomé, que faga o propio.

Desde o seu punto de vista, o “socialista Tomé séntese cómodo gobernando de forma presidencialista e a golpe de decreto” e por iso, precisamente, non convocou o pleno ordinario correspondente ao “mes de abril”.

Neste momento, lembra Castiñeira, “nada impide convocar a sesión ordinaria, adoptando as medidas adecuadas á presente fase da desescalada”. Sostén que “ten que acabarse o tempo do segredo”, porque o pleno da Deputación de Lugo non pode “seguir confinado”.

+ posts

ÚLTIMAS

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...

A Deputación comeza as obras na vía de Louxas en Navia de Suarna

  A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación da vía LU-P-3506,...

A socialista González Abelleira reclama a Candia o aparcadoiro proxectado para o Ceao

A voceira adxunta lembra que o proxecto  conta cun orzamento de 450.000 euros, está...